En „Los consejos para gobernar tu persona y casa“ que don Quijote le da a Sancho leímos al final del fragmento esta última frase:
Ten cuenta, Sancho, de no mascar a dos carrillos, ni de erutar delante de nadie.
Pues bien, uno de estos día me encontré por el pasillo del Departamento de Románicas a Jairo, el lector de gallego, del que sé que se ha leído la novela de Cervantes atentamente. Le comenté este último consejo de don Quijote con la réplica de Sancho:
– Eso de erutar no entiendo –
Entonces Jairo me contó lo que unos días antes le había ocurrido con una palabra en su clase de lengua gallega: arroutar. De esa conversación surgió la idea de conectar aquí el pasaje de los consejos que Don Quijote le da a Sancho con la reflexión de Jairo.
Hoy presentamos en esta sección „En otras lenguas“ el texto que Jairo ha tenido la amabilidad de escribir para las „Letras en danza“ de la Freie Universität de Berlín.
Arrouto
Cando se di de nós que somos xente apoucada e indecisa é que se descoñece que dende a nosa máis fonda fondura abrolla a forza que tronza a nosa incerteza: o arrouto.
Arroutamos cando degustamos un manxar culinario exquisito e, por mor da acumulación de burbullas de ar no noso interior, ceibamos gas pola nosa boca, nunha sensación dobre, de liberación e de vergoña.
Tamén temos arroutos cando, dun xeito inesperado, debemos tomar decisións que contradin esa nosa indecisión. Decisións tomadas ao eito, sen reflexión, súbitas que aparecen sancionadas no noso diccionario académico con percepcións morais que nos indican que as arroutadas conlevan erros, imprecisións e arripentimento. Non somos apoucados pero sanciónachenos a lingua para que así o sexamos!
Abofé que ao arroutar, as máis das veces, sentimos un fondo e súbito arrepentimento debido á nosa falta de reflexión: unha ración máis pequena, un grolo menos de gaseosa, unha profunda ponderación antes de abrirmos o papo, unha sisuda revisión antes de nos botar a camiñar cara a incerteza que –segundo nos din- é o noso estado natural.
Cantas cousas haberían de se facer non ao chou, non á velas vir, senón por arroutadas? Esa forza interior que gabea pola nosa gorxa até chegar á boca na que provoca un dioivo de todo o que levamos agochado –as máis das veces por tempo de máis e por respecto aos presentes- e que nos impedía continuar? Quen precisa neses casos a segura e sobria calma do alkasetzer ou da serenidade abodo que moderen os nosos interiores?
Arroutadas temos todas pero poucas veces sabemos quen as causa e moito menos podemos prever que é o que nos van provocar; porén, ás veces, o arrouto non é máis ca un sinal da conclusión dun proceso acumulativo, coma todo na vida, e, como tal, cómpre que sexa por unha enchenta de larpeiradas e non de escarnios.
Jairo Dorado Cadilla
Lector de Gallego en el Institut für Romanische Philologie
Freie Universität Berlin
Tags: Don Quijote, Don Quijote y Sancho, MÁS QUE PALABRAS
Am 11. März 2014 um 10:39 Uhr
Pois así, de arroutada total, deixo aquí constancia da inminente nova obra do mesurado e virtuosísimo moañés Anxo Lorenzo. Acabo de recibir a noticia por mail. Déixoa aquí para quen sinta interés por Galicia ou pola música. Ou simplemente curiosidade.
https://youtu.be/WR0XzAsSZ4I
Sonsoles – outra galega en Berlín